miércoles, 26 de febrero de 2020

Configuración dun coche

Vale... o título pode levar a enganos, pero é que os Santomeinsteins estiveron a probar os Mbot como se de fórmula 1 se tratase. Empregando o sensor sigueliñas deberían configurar a velocidade en recta e curva para dar unha volta ao circuíto o máis rápido posible. Como auténticas enxeñeiras/os calibraron ata dar co equilibrio ideal do mbot.


Cohetes propulsados


Aos Santomeinsteins deulles por construír cohetes e probar a súa fiabilidade. Colocáronlle un pequeno motor (por dicilo dalgún xeito) a presión que emprega aire e auga... Quizáis o mellor é mirar os vídeos e buscarlle explicación.



jueves, 4 de abril de 2019

Lego e máquinas simples (IV)

Quedaba unha máquina por investigar e descubrir: a polea. Resultou ser a que tiña as estruturas de montaxe máis complexas (tampouco lles resultou moi difícil montalas) e, coma sempre, chegamos a conclusións interesantes despois de observalas e analizalas.

A continuación podedes ver un par de vídeos dos grupos de traballo.


lunes, 25 de marzo de 2019

Lego e máquinas simples (II e III)

Nas últimas semanas estivemos vendo novas máquinas simples, como foron a roda e as palancas. Coa axuda do Kit de educación de Lego fomos descubrindo conceptos como a fricción ou como as partes das palancas (esforzo, punto de apoio e carga).
A continuación subimos tres vídeos da última sesión que estivo dedicada ás palancas.
(Atentos ao primeiro, onde Paula supera o reto xusto no momento no que a cámara o capta)


martes, 26 de febrero de 2019

Lego e máquinas simples (I)

Esta semana comezamos un interesante proxecto para investigar as máquinas simples empregando pezas de LEGO. A primeira experiencia profundizou nas engranaxes, ollade os vídeos para ver as conclusións ás que chegamos.