viernes, 25 de enero de 2019

Segunda experiencia

Nesta ocasións os SantomEinsteins experimentaron con diversos obxectos tratando de entender e aprender cousas relacionadas co volume, coa densidade, a masa e o principio de Arquímedes.

Nos vídeos podedes ver o que cada un dos grupos nos explica:




lunes, 21 de enero de 2019

Primeira experiencia: interaccións co aire

Os SantomEinsteins botaron a súa andadura analizando as interaccións do aire con diferentes obxectos. Algún pode dicir que é aeronáutica de andar por casa, e razón non lle falta, pero o interés e as conclusións ás que chegamos xustifican o traballo realizado. A continuación publicamos unha serie de vídeos explicativos sobre o que observamos da maneira na que o aire inflúe no voo de diversos obxectos.