martes, 26 de febrero de 2019

Lego e máquinas simples (I)

Esta semana comezamos un interesante proxecto para investigar as máquinas simples empregando pezas de LEGO. A primeira experiencia profundizou nas engranaxes, ollade os vídeos para ver as conclusións ás que chegamos. 





martes, 19 de febrero de 2019

Ciencia e robótica

Se mezclamos dúas cantidades iguais de auga a diferente temperatura... ¿A temperatura da mestura será proporcional?

Esta foi a pregunta que se fixeron os SantomEinsteins antes de empezar este experimento. A hipótese inicial era que, evidentemente, a temperatura resultante tiña que estar entre as dúas temperaturas mesturadas. Pero, ¿terá máis "forza" a quente ou a fría? ¿Ou a temperatura resultante será a media das dúas?

Para levar a cabo a investigación empregamos o sensor de temperatura de líquidos dos nosos Mbots.
Nos vídeos podes ver as conclusións.


sábado, 9 de febrero de 2019

Experimentos coa luz

Nesta ocasión os Santomeinsteins empregraron un láser e diferentes prismas e corpos redondos para comprobar os fenómenos da reflexión e a refracción. Cada grupo o resume deste xeito.


viernes, 25 de enero de 2019

Segunda experiencia

Nesta ocasións os SantomEinsteins experimentaron con diversos obxectos tratando de entender e aprender cousas relacionadas co volume, coa densidade, a masa e o principio de Arquímedes.

Nos vídeos podedes ver o que cada un dos grupos nos explica:




lunes, 21 de enero de 2019

Primeira experiencia: interaccións co aire

Os SantomEinsteins botaron a súa andadura analizando as interaccións do aire con diferentes obxectos. Algún pode dicir que é aeronáutica de andar por casa, e razón non lle falta, pero o interés e as conclusións ás que chegamos xustifican o traballo realizado. A continuación publicamos unha serie de vídeos explicativos sobre o que observamos da maneira na que o aire inflúe no voo de diversos obxectos.